
A NeoGeo X terá unha pantalla de 4,3, lector de tarxetas de memoria para a carga de novos xogos, altofalantes estéreo e toma de auriculares. É compatible co NeoGeo X Joystick (que permite gozar dos xogos como se tivésemos a consola de videoxogos orixinal) e coa base de carga NeoGeo X Station (que tamén permite conectar a consola ao televisor ou ao monitor a través dunha saída de vídeo ou dunha toma HDMI).
Os xogos que incluirá esta interesante consola portátil preinstalados son 3 Count Bout, League Bowling, Art of Fighting 2, Magician Lord, Alpha Mission 2, Metal Slug, Baseball Stars 2, Mutation Nation, Cyber Lip, Nam 1975, Fatal Fury, Puzzled, Fatal Fury Special, Real Bout – Fatal Fury Special, The King of Fighters ”95, Samurai Showdown 2, King of the Monsters, Super Sidekicks, Last Resort e World Heroes Perfect, auténticos clásicos que marcaron a moitos habituais de salóns recreativos nos anos 90.
A nova Neo-Geo portátil será realidade en decembro
Compartir Este Artigo
