O vindeiro 27 de outubro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela volverá a acoller o Foro Unirede, que por segundo ano consecutivo quere amosar os logros da web 2.0 en Galicia, fomentar a interacción entre os diferentes actores do sector do Social Media galego e difundir entre a sociedade as vantaxes e posibilidades do desenvolvemento da web social nos diferentes eidos económicos.
Como relatores principais contarase coa presenza de Clara Ávila, consultora Media Manager en The Cocktail e colaboradoras do programa La Nube de TVE; Roberto Pérez Marijuán, consultor web e coach, que introducirá aos asistentes no neuromarketing; e Blanca Zayas, Senior Media Relations Manager de Tripadvisor.
Como novidade desta edición do Foro Unirede incorpóranse 2 áreas de traballo (saúde 2.0 e moda) que complementan as 3 que estiveron presentes o ano pasado (turismo/gastronomía, comunicación e industriais culturais). Estes obradoiros desenvolveranse durante a sesión da tarde, como pode verse no programa do evento, que xa ten aberta a súa inscrición a un prezo reducido durante o mes de setembro.
Confirman os principais relatores do Foro Unirede
Compartir Este Artigo

