
O propósito deste congreso é achegar un coñecemento avanzado e as experiencias necesarias para construír aplicacións distribuídas, altamente escalables e tolerantes a fallos en Erlang, dende cero. Esta tecnoloxía está a ser empregada por compañía como Amazon, HP, AOL e Facebook, e quen desexe mergullarse na mesma pode participar neste evento que por primeira vez se celebra en Europa, e para o que está aberta a inscrición.
Entre os participantes no ErlangCamp Coruña 2012 figuran expertos como Martin Logan (director de Orbitz Worldwide e autor do popular libro Erlang and OTP in Action), Eric Merrit (creador da ferramenta Sinan e autor do libro Erlang and OTP in Action) e Jordan Wilberding (socio de Erlware). Este evento conta con patrocinio e apoio institucional de ERLWARE e a Universidade da Coruña.
A semana que vén terán lugar na Coruña unhas xornadas internacionais sobre Erlang/OTP
Compartir Este Artigo

