A serie de encontros de desenvolvedores web e de aplicacións móbiles Betabeers celebrará a súa cuarta edición galega en Vigo o vindeiro día 18 ás 19:30 horas, contando como relator principal con Jorge del Casar, quen vai introducir aos asistentes a HTML5/WebWorks, servindo este evento tamén para dar a coñecer o proxecto web DeVinosporGalicia e, moi especialmente, para dar a coñecer o grupo oficial de desenvolvedores de BlackBerry da nosa comunidades autónoma, BBDevGalicia, converténdose o Betabeers no primeiro encontro deste colectivo que pretende celebrar entre 8 e 10 xuntanzas ao ano para debater acerca do desenvolvemento para a plataforma BlackBerry.
Os grupos BBDev son unha iniciativa de RIM para crear vencellos para a creación de grupos locais dirixidos pola propia comunidade que ofrecen aos seus integrantes a oportunidade de asociarse nunha rede e de obter axuda para os seus proxectos. As persoas que forman parte deles reciben novas periódicas sobre a plataforma e os programas por parte de RIM e teñen acceso a exclusivos exames de certificación así como a eventos selectos e conferencias.
O grupo galego de desenvolvedores de BlackBerry presentarase en Vigo coincidindo coa vindeira edición de Betabeers
Compartir Este Artigo

