
A aplicación tamén mellora a súa velocidade de xeito que é máis áxil que realizar as consultas dende un navegador web, permite buscar imaxes a pantalla completa, descarta páxinas web para volver aos resultados de busca, busca nunha páxina web co buscador de texto integrado e tamén permite recoñecer imaxes mediante Google Goggles.
Cómpre lembrar que este tipo de buscas por voz de Google son bastante anteriores ao popular Siri de Apple, e tamén permite realizar certas consultas en linguaxe natural, de xeito que é capaz de facilitarnos resultados deportivos, información da carteleira cinematográfica local e outros datos integrados no gráfico de coñecemento de Google.
Exemplos de uso da aplicación de Google para iOS

