Tras un período fóra da web, o servizo de publicación
e compartición de vídeos de Microsoft, MSN
Soapbox, volve a estar dispoñible, e o paréntese parece responder á
incorporación dun método de detección
de contido protexido por copyright
grazas á tecnoloxía de Audible Magic que permite ós propietarios de contido
protexido poidan buscar e eliminar os vídeos que se subiran a Soapbox sen o seu
consentimento.
Esta nova característica no sistema de vídeos de Microsoft pretende evitar os preitos
multimillonarios ós que se están enfrontando outros servizos baseados en
contidos achegados polos usuarios coma YouTube.
Soapbox volve á Rede cun filtro para o copyright
Compartir Este Artigo

