Galiza formará parte dun consorcio tecnolóxico para a creación dun buque autómata intelixente para 2020, orientado á explotación da pesca no futuro. Así o fixo saber estes días a Fundación Innovamar, que coordinará os 37,5 millóns de euros achegados ó proxecto. Nel, amais de empresas e centros de investigación galegos, participan entidades de Andalucía, Canarias, Castela e León, Cataluña, Madrid e Euscadi. O buque en cuestión comezará a desenvolverse nos Astilleiros de Murueta, onde as 21 empresas e 28 grupos de investigación participantes achegarán o seu coñecemento en tecnoloxías de deseño e construción de barcos, eficacia tecnolóxica e enerxías alternativas, comunicación, sistemas de pesca, oceanografías e protección do medio mariño.
Galiza participa na creación dun buque intelixente para 2020
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
- Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
- Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
- Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
