No seu percorrido pola xeografía galega, o derradeiro venres deste mes, o vindeiro día 30, a edición número 34 da LaconNetwork estrearase en Cabana de Bergantiños, concretamente no Hotel Monte Blanco en Neaño. O encontro gastronómico de emprendedores e profesionais do sector TIC galego pechará así o mes ao redor dunha mesa, para compartir experiencias e relacionarse neste evento que vén de recibir o recoñecemento de AGESTIC a través dos Premios INNOVA-G como o Mellor Evento de Networking Galego.
Nesta ocasión é preciso inscribirse e pagar 21 euros para poder gozar do xantar que centra a LaconNetwork, contando coa opción excepcional de pasar a noite no Hotel por só 20 euros (podendo xestionarse a reserva o mesmo día do ágape), polo que os interesados en coñecer mellor a comarca de Bergantiños poden aproveitar a oportunidade.
Para expresar a intención de acudir e coñecer a outros participantes no encontro tamén está publicado un evento en Facebook.
A LaconNetwork pechará o mes en Cabana de Bergantiños
Compartir Este Artigo

