Para despedir o curso actual Iniciador Galicia contará o venres 21 de decembro con Miguel Ángel Díez Ferreira, quen contará a súa experiencia de Red Karaoke, proxecto que comezou cunha festa con amigos na súa casa e rematou en Silicon Valley. A cita será ás 19:00 horas no Club Financeiro de Vigo (no número 62 da Avenida de García Barbón) e a asistencia é de balde, agradecéndose aos interesados que comuniquen a súa intención de acudir a través do formulario que figura na páxina web de Iniciador Galicia.
Miguel Ángel Díez Ferreira, tras licenciarse en Xornalismo en 1995, escribiu para revistas especializadas ata chegar á edición dixital do diario La Rioja. Tamén ocupou cargos de xefe de proxecto en Terra, co fundador e director de Ya.com, director de contidos de Yahoo! España, director de contidos en liña do Grupo Vocente e director xeral de contidos e operacións de Mediasat Group. Tras estas experiencia decidiu montar a súa propia empresa, e como idea quixo crear unha alternativa en liña a xogos tipo SingStar, o que deu lugar a Red Karaoke, comunidade en liña para cantantes con presenza en España, América Latina, EE.UU. e Xapón, con acceso Freemium, de xeito que pode probarse de balde e gozar da plataforma sen límites por 6,95 euros/mes.
O fundador de Red Karaoke pechará o curso 2012 de Iniciador Galicia
Compartir Este Artigo

