
Mezcladitos está dispoñible en español, éuscaro, catalán, inglés, francés, sueco, alemán, portugués e holandés, agardando chegar máis adiante o soporte de danés, noruegués, polaco e galego (segundo comentou o director de Etermax, Maximo Cavazzani, ante os micrófonos da Radio Galega hai uns meses). O xogo consiste en competir entre 2 xogadores en 3 quendas de 2 minutos cada unha para atopar nun taboleiro de 4×4 letras o maior número de palabras posible conectando as letras en horizontal vertical e diagonal. Durante as partidas é posible empregar unha especie de power-ups (axudas) que poderemos mercar cunha moeda virtual do xogo, que podemos tanto gañar como adquirir con cartos reais, modelo de negocio que complementa á fórmula habitual de Etermax, pois aparte das habituais versións do xogo de balde con publicidade tamén contan con versión de pagamento para iOS e para Android de Mezcladitos, que carecen de anuncios.
Mezcladitos xa conta con versións para Android e Facebook
Compartir Este Artigo
