Apertura do evento retratada por David SerantesO encontro anual de social media Compostweets, pese ás dificultades actuais para a organización de eventos, chegará á súa terceira edición repetindo o mesmo enclave que o ano pasado, de xeito que os profesionais das redes sociais e ámbitos asociados poderán achegarse ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela o vindeiro 22 de marzo ás 16:30 horas para participar desta xuntanza que abrirá cun relatorio profesional de Rodolfo Carpintier, considerado un dos pais da Internet en España (formou parte de Servicom, o primeiro ISP que chegou aos 50.000 clientes de pagamento, pasando tamén pola vicepresidencia da incubadora de negocios Netjuice que contribuíu a proxectos como Kelkoo e Baquía) e actualmente é presidente de DAD e contribúe en proxectos como Petuky e myBet SE. Completarán a xornada casos de éxito e un espazo chamado Business Web, no que permitirán a 3 propostas de negocio na web a participar tras inscribirse na páxina web de Compostweets a partir do martes 22. Como en anteriores ocasións é de agardar que Compostweets poida servir como un evento formativo, que este ano será de acceso libre ata completar aforo, e como punto de encontro para profesionais e entusiastas das redes sociais en Galicia.