
Con esta operación buscaron maximizar os ingresos pola venda da compañía para poder satisfacer aos seus acredores, agardando que boa parte dos actuais traballadores da empresa poidan continuar a traballar para os novos propietarios da súa respectiva división (aínda que o acordo de venda non inclúe cláusulas sobre o cadro de persoal, polo que dependerá de cada caso, aínda que durante o período de transición entre propietarios que comezará o vindeiro día 25 os traballadores terán garantido o seu posto).
Estamos ante un triste final para unha compañía fundada en 1989 nos EE.UU. que conseguiu grandes éxitos e que non fracasou por desenvolver malos títulos (de feito, a meirande parte dos seus xogos tiveron unha acollida moi positiva) senón por ter tomado unhas malas eleccións estratéxicas que as levaron á bancarrota.
THQ remata a súa bancarrota cunha venda fragmentada
Compartir Este Artigo

