Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG emprega a rede de sensores sen fíos para o control de varios viñedos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG emprega a rede de sensores sen fíos para o control de varios viñedos galegos

Redacción
Publicado: 04/02/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amandi_wsn_ITG_plataformaweb.pngO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) vén de rematar coa posta a punto da instalación da tecnoloxía WSN (Wireless Sensor Network) nos viñedos de cinco senlleiras bodegas galegas: Adegas Moure, Rectoral de Amandi, Martín Códax, Valmiñor e Grupo Vinícola Marqués de Vargas S.L. (Pazo San Mauro). A dita instalación pretende monitorizar 36.000 variables diarias cos 163 sensores instalados que levarán a cabo lecturas cada 15 minutos tomando parámetros chave da vide en cuestión. Emporiso, os técnicos do ITG instalaron nove redes de sensores sen fíos nos devanditos viñedos de cara a obter unha monitorización polo miúdo das cepas a través da solución SensITG, que permite visualizar e xestionar -vía web e en tempo real- múltiples parámetros ambientais, do chan e da planta.
As nove parcelas onde se atopan xa os puntos de medida, comunícanse entre si sen fíos e cun único custo de comunicacións en cada rede, personalizada ás necesidades de cadansúa adega. Logo de finalizar coa instalación, o Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC procesará e interpretará os datos recolleitos e, xunto cos datos obtidos no estudo das enfermidades, elaborará un modelo de aviso de enfermidades, adaptado ás distintas zonas de Galicia e ás condicións particulares dos viñedos.
E que beneficios ten esta tecnoloxía? Pois son varios: o baixo custo de instalación e consumo das redes de sensores sen fíos, a rapidez da súa posta en marcha e o seu mínimo impacto. Deste xeito, esta achega convértese nunha boa ferramenta de soporte para a toma de decisións relativas á predición e control de enfermidades; redución do uso de agroquímicos; caracterización do clima e predición da colleita, menor custo en aplicacións de rega, etc. Asemade, cómpre subliñar varios aspectos como a mobilidade deste tipo de redes, a súa escalabilidade, o seu mantemento lowcost e personalización (avisos vía e-mail/SMS cando se acadan as condicións pre-configuradas polo usuario). Os xestores do cultivo acceden a unha web proporcionada por ITG, sen instalar ningún software e accesible desde calquera dispositivo con acceso a internet (móbil, tablet, PDA…), que permite ao usuario visualizar e xestionar información gráfica en tempo real para o control preventivo e a acción inmediata.
Por último, informar que esta aposta enmárcanse na iniciativa INNTER GALENO 2012, dentro do programa Feder Innterconecta Galicia 2011 promovido polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do CDTI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?