O consultor independente de estratexia empresarial e marketing Javier Rocamora impartirá os vindeiros días 7 e 8 de febreiro no Centro de Formación da Cruz Vermella da Coruña, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, un seminario de balde para formar a empresarios e responsables de marketing en PEME no desenvolvemento dunha estratexia na Internet para maximizar a súa presenza en liña e incrementar as súas vendas que no mesmo horario repetirase entre os días 21 e 22 de febreiro no Centro Demostrador TIC de Galicia.
A través destas xornadas Rocamora pretende ilustrar sobre os principios básicos dunha planificación estratéxica en liña, como pór en marcha unha tenda electrónica, a importancia da presenza nos buscadores e outras estratexias en liña (viralidade, móbiles…), o marketing nas redes sociais e coidado da reputación en liña, rematando cada unha das xornadas con casos prácticos que axudarán a entender o exposto.
A Coruña e Compostela acollerán un seminario de presenza en liña de balde para empresarios galegos
Compartir Este Artigo

