Cando aínda estamos a dixerir o Mobile World Congress, comeza en Hannover (Alemaña) o CeBIT, a principal feira tecnolóxica de Europa, que pese a ser un referente internacional parece ter perdido toda a súa relevancia, eclipsada en boa medida polo encontro da telefonía móbil en Barcelona, polo que non é de agardar grandes presentacións no marco deste encontro que desenvolverase ata o vindeiro sábado.
Aínda que o CeBIT inaugurouse o luns pola noite, non foi ata esta mañá cando tivo lugar a súa apertura oficial, nun acto no que estiveron presentes a chanceler Angela Merkel e o primeiro ministro polaco Donald Tusk.

Agárdase que durante estes días estean presentes no CeBIT preto de 4.100 empresas de 70 países distintos (superando o obxectivo inicial da organización de contar con 4.000 expositores) repartidas en 17 espazos de exposición, 2 centros de congresos e 3 salóns VIP, destacando a maior presenza de compañías de África e Asia, dando a entender que as economías emerxentes están a apostar polas TIC para saír adiante.
Esta semana o sector tecnolóxico terá a vista posta en Hannover
Compartir Este Artigo

