
Como dixemos os días pasados, a nova edición destas xuntanzas será unha proba máis de que o open source non é só un tipo de tecnoloxía, é tamén un xeito de traballar e unha filosofía de vida aplicable a todo. Neste caso concreto, aplicable ao formato tradicional dunhas xornadas de divulgación e reflexión, que serán (as do GPUL) como software libre cobrando vida. Indo ao miolo do asunto, dicir que teremos a oportunidade de asistir a conferencias, obradoiros e concursos “con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo da cultura libre”.
Ou sexa, xirando arredor do software libre, hardware libre, estándares abertos, licencias, propiedade intelectual e un amplo etcétera de cousas. Sobre o fornecemento de iniciativas particulares a tratar durante as xornadas, a organización sinala que deberán ser enviadas a través da plataforma creada para tal fin, sendo preciso rexistro previo e cubrindo correctamente o respectivo formulario web.
Amplíase ao 7 de abril o prazo para presentarmos propostas ás XII Xornadas Libres do GPUL
Compartir Este Artigo
