
Os xogos que durante unha semana estarán de oferta son as aventuras gráficas Back to the Future: The Game (adaptación dos filmes de Regreso ao Futuro), Sam & Max: Devil’s Playhouse, Hector: Badge of Carnage!, Poker Night at the Inventory, Puzzle Agent 1 & 2 e Wallace & Gromit’s Grand Adventure, aos que sumarase un dos mellores xogos do ano pasado no caso de pagar unha cantidade superior á media (3,90 dólares no momento de escribir estas liñas), que non é outro que o galardoado The Walking Dead, que corresponde a unha primeira tempada dun xogo episódico inspirado na creación de Robert Kirkman. Unha oportunidade difícil de resistir para calquera afeccionado ás aventuras gráficas, especialmente se temos en conta que xogos como The Walking Dead e Back to the Future: The Game teñen prezos de 24,99 euros cada un, o que dá a entender que estamos ante unha ganga irrepetible.
Trailer da aventura gráfica de The Walking Dead
Varias aventuras gráficas de Telltale súmanse a un Humble Bundle
Compartir Este Artigo
