

No menú de Inicio tamén será posible gozar de novos tamaños de baldosa (tanto máis pequenos como máis grandes que os actuais), a disposición e o tamaño das baldosas poderá controlarse dun xeito máis doado e áxil e incluso permítese un maior control das aplicacións amosadas, pois cando instalemos un programa xa non aparecerá no menú de Inicio automaticamente, senón que quedará recollido nunha sección para as novas aplicacións, para que fagamos con lea o que desexemos (non véndonos forzados a colocalas entre as nosas aplicacións favoritas).
O sistema de busca de Windows 8.1 alimentado por Bing mellora facilitando a agregación
de moitas fontes de busca, de xeito que amosará nos resultados páxinas web,
aplicacións, ficheiros, documentos en SkyDrive, accións... consideran así que a
caixa de busca podería converterse na versión moderna de a do Símbolo de
Sistema.
As aplicacións incluídas en Windows 8.1 tamén mellorarán, incluíndo numerosas
funcionalidades novas, de xeito que dende a aplicación de Fotos poderemos gozar
de algunha función de edición, a aplicación de Música volveu a facerse dende cero...
Tamén mellórase a posibilidade de partir a pantalla en varias partes para
utilizar varias aplicacións á vez dun xeito ordenado, o que resulta
especialmente práctico no caso de tablets, que normalmente carecen de tal
posibilidade. Agora será posible ter en pantalla ata 3 aplicacións á vez, con
tamaños configurables.
A conectividade coa nube tamén mellora, e agora sempre podemos gardar os nosos
documentos en SkyDrive, sendo posible incluso traballar con eses documentos
cando non teñamos acceso á Rede.
Por mudar, ata actualizan o navegador web, de xeito que con Windows 8.1 estrearemos
o Internet Explorer 11, que mellorará o seu control táctil, cargará as páxinas
máis rápido e incluirá moitas outras melloras (como permitir sincronizar as
fichas que teñamos abertas entre distintos dispositivos).
