Os estudantes de Enxeñaría en Informática que rematasen os seus estudos en Galicia nos anos 2012 e 2013 poderán optar á cuarta edición do Premio Proxecto Fin de Carreira convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), dotado de 1.000 euros en metálico.
Os traballos valoraraos unha comisión experta integrada por docentes universitarios e representantes do CPEIG, e con esta iniciativa o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, amais de estimular o traballos dos estudantes en Enxeñaría en Informática. As bases do Premio e o formulario de candidatura para o mesmo están dispoñibles para a súa descarga en formato PDF na páxina web do CPEIG.
A entrega deste galardón realizarase dentro dos Premios da Quinta Noite da Enxeñaría en Informática que o CPEIG organizará en Santiago de Compostela o vindeiro mes de outubro, nun encontro anual que xunta aos colexiados e destaca pola participación de cargos empresariais, institucionais e políticos.
O CPEIG convoca o IV Premio Proxecto Fin de Carreira para enxeñeiros en Informática
Compartir Este Artigo
