Fotografía dunha edición viguesa de Betabeers GaliciaO vindeiro xoves entre as 19:30 e as 21:00 horas desenvolverase no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra a sétima edición de Betabeers Galicia, encontro destinado a desenvolvedores en tecnoloxías web e móbiles, que nesta ocasión conta con 3 proxectos que se amosarán aos asistentes: Eduardo Lima amosará o sistema de código aberto para compartir ficheiros de xeito fugaz, FileTea; Marcos Esperón fará unha achega ao módulo de mobilidade do ERP Libra, para coñecer como levar esta popular plataforma a varios dispositivos móbiles valéndonos de HTML5; e Javier Morán Rúa presentará aos asistentes LibrePlan. Ferramenta colaborativa para planificar, monitorizar e controlar proxectos mediante unha interface web rica. O encontros Betabeers dentro da xeografía galega están organizador por Reinaldo Aguilera, e están abertos á participación, esixíndose só a inscrición vía web para poder asistir a esta serie de eventos que están a consolidarse entre os profesionais do sector en Galicia.