Tras 8 anos de vida, a popular plataforma musical de Red Karaoke da un importante xiro, e elimina o seu servizo de balde ante as dificultades de sustentalo mediante publicidade agora que o sector non pasa por un bo momento. Dende Red Karaoke aseguran que o mercado publicitario en liña actual fai que os proxectos de tamaño medio non poidan resultar rendibles só mediante anuncios na súa web, de aí que fosen mudando de rumbo nos últimos anos con distintas iniciativas innovadoras que non conseguiron levar o proxecto aos números negros, e finalmente a plataforma de karaoke ten que limitarse a funcionar como servizo de pagamento para sobrevivir.
Actualmente hai milleiros de usuarios que pagan por Red Karaoke VIP, servizo consolidado como unha das mellores solucións de karaoke en liña, tanto vía web como a través de aplicación móbil, pero os usuarios de pagamento non son quen de absorber as perdas provocadas polos que acceden de balde, cos que tamén xurdía unha importante molestia: utilizaban o servizo de xeito fraudulento gravando pistas instrumentais alleas a Red Karaoke (non cubertas polos seus contratos e licenzas de copyright, o que podería provocar serios problemas legais).
Red Karaoke cesa o seu servizo de balde
Compartir Este Artigo
