O Museo da Historia do Ordenador deu conta a través de Twitter do pasamento de Douglas C. Engelbart, un enxeñeiro que tivo un grande impacto no mundo da Informática grazas ao seu espírito visionario que o levaron a propor tecnoloxías que poderiamos considerar precursoras do hipertexto, as pantallas compartidas para colaborar, as fiestras múltiples, a vídeo-conferencia e, moi especialmente, o rato como método de entrada en equipos informáticos, estando considerado como o pai do rato tal e como recoñecen varias patentes.
Doug Engelbart tivera a idea do rato en 1961, aínda que non foi ata 1963 cando converteuse nunha realidade no Instituto de Investigación de Stanford (actualmente SRI International), para pasar logo a empregarse en Xerox PARC (sendo un erro habitual atribuír o seu invento a estes últimos laboratorios) de onde tomarían a idea outras compañías como Apple, que convertería a tal dispositivo como un dos piares dos seus Mac.
Engelbart dixo adeus aos seus 88 anos tras toda unha vida de éxitos como recoñeceron con distintos galardóns como a Medalla Nacional de Tecnoloxía que entregoulle o presidente Clinton no ano 2.000.
Falece aos 88 anos o inventor do rato informático
Compartir Este Artigo
