
Pero estes comics non van publicarse en formato tradicional, senón que a intención da súa editora é distribuílos na segunda metade do ano en formato dixital a través das tendas de libros electrónicos de Amazon, Barnes & Noble, Kobo e Apple, no que parece un curioso xeito de resucitar vellas series de televisión, cando tal práctica limitábase normalmente a series actuais, que tras cesar as súas emisións televisivas continuaron as súas aventuras nas viñetas (como aconteceu con Smallville, Buffy Cazavampiros e Angel, entre outras). A editora dará máis detalles sobre os seus plans durante a Comic-Con de San Diego, que comeza o vindeiro día 18.
Varias series de televisión dos anos 80 e 90 continuarán como comics en formato dixital
Compartir Este Artigo
