
Entre as novidades que chegan a esta grande nova versión de Calibre están que podemos ver a nosa listaxe de libros administrados nunha grella de portadas en vez de nunha sinxela listaxe de elementos, a base de datos da aplicación reescribiuse por completo conseguindo ser máis robusta e 2-3 veces máis rápida que o código anterior, a biblioteca de libros pode agora organizarse en bibliotecas virtuais máis cativas e doadas de xestionar, permítese exportar documentos de Word 2007 ou posterior a formatos propios dos lectores de libros electrónicos, increméntanse as fontes de descarga de metadatos, mellórase o soporte de incrustación de tipografías, inclúese unha ferramenta que fai doada editar a táboa de contidos dos libros electrónicos, reescribiuse o motor de conversión a PDF e engadiuse unha ferramenta para pulir os libros con varias funcións automáticas de limpeza.
Tamén podemos destacar que dende a versión 0.9.9 de Calibre podemos contar cun executable da aplicación que tira proveito das versións de 64 bits de Windows.
Calibre chega á versión 1.0
Compartir Este Artigo
