Ozona Consulting, compañía con sede en Santiago de Compostela especializada en consultoría de implantación de sistemas de xestión ISO 20000, ISO 27001 e ISO22301, organizará un ano máis o Fórum Internacional ISO 20000 en Portugal. Nesta edición ademais a Asociación Portuguesa de Certificación, APCER, líder do mercado da certificación no país veciño dende hai máis dunha década, actuará como co organizador. O evento terá lugar o día 26 de setembro no Hotel Myriad da capital lusa.
O obxectivo é potenciar este evento como principal punto de encontro empresarial no ámbito da Calidade de Servizos de TI. Este ano o Fórum incorpora varias novidades, a principal é que terá un espazo para dúas normas que complementan a xestión de calidade dos servizos TI, a ISO 27001, sobre seguridade da información, e a ISO 22301, para a continuidade de negocio.
Para afondar e ofrecer aos asistentes (principalmente responsables de tecnoloxías de información e de calidade) a mellor información sobre elas, participarán os editores principais destas tres normas: Angelika Plate (ISO 27001),Dave Austin (ISO 22301) e Lynda Cooper (ISO 20000).
O panel de oradores completarase coa primeira editora internacional portuguesa dunha norma ISO de TI, Raquel Porciúncula, co editora da ISO 27003 e Consultora de Ozona. Tamén terán relatorio Diego Berea, co editor da ISO 20000-2 e editor da ISO 20000-9, e Irmán Correia, coordinador de Certificación de APCER.
Ozona Consulting organiza o IV Fórum Internacional ISO 20000 en Portugal
Compartir Este Artigo

