Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone ofrecerá aos seus clientes os contidos de música en streaming de Napster
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone ofrecerá aos seus clientes os contidos de música en streaming de Napster

Redacción
Publicado: 21/10/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

photo_vodafone_napster.jpgVodafone España e Napster anunciaron os días pasados un acordo de colaboración para ofrecer todos os contidos do servizo de música en streaming aos seus clientes en múltiples dispositivos, e todo, informan, coa calidade da rede 4G e 3G da operadora e con ofertas exclusivas materializadas a través de dous servizos específicos. Por unha banda Napster Unlimited, achega multidispositivo que permite o acceso ao catálogo completo de cancións de Napster por 7 euros ao mes (o primeiro mes de balde), e pola outra Napster Lixeiro, que permite aos clientes gozar de sesenta streams no seu teléfono intelixente por dous euros ao meses durante un período de medio ano.
Segundo informan as dúas empresas, o primeiro servizo xa está dispoñible en exclusiva para calquera cliente de Vodafone España (fornecendo acceso ao catálogo musical sen escoitar publicidade) e Napster Lixeiro estarao nas vindeiras semanas. En total, estamos a falar dun catálogo de máis de 20 de millóns de cancións a nivel mundial: o catálogo de Napster en streaming, accesible como aplicación (con ou sen conexión de datos) para os principais smartphones e tablets nas plataformas IOS e Android (tamén se pode acceder desde o PC ou Mac). As achegas desta empresa permiten, ademais, crear listaxes e compartilas cos contactos, escoitar emisoras de radio e, a maiores, sincronízase de maneira automática entre todos os dispositivos do usuario. Tamén pode utilizarse a través de conexión Wi-Fi.
Thorsten Schliesche, vicepresidente en Europa de Napster, comentou ao fío do acordo con Vodafone: “Sabemos que os seareiros da música en España están estreitamente ligados ao mundo dixital, confirmando a España como líder en Europa na adopción de teléfonos intelixentes; neste senso a cooperación con Vodafone é unha oportunidade inmellorable de ter un acceso fácil e ilimitado ao noso servizo premium de música en streaming, en calquera intre e en calquera lugar”. Con estas achegas, engadiu, “ofrecemos aos amantes da música unha maneira excelente de descubrir e estar ao día coas tendencias musicais máis populares”.
Branca Echániz, directora de Servizos de Consumo da Unidade de Negocio de Particulares de Vodafone España, comentou: “En Vodafone sempre apostamos por ofrecer o mellor servizo e os mellores contidos aos nosos clientes, sendo a música un dos contidos máis apreciados, e de aí a nosa alianza con Napster”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?