Tras recibir o outono na Coruña, os encontros gastronómicos de profesionais e emprendedores do sector TIC galego, LaconNetwork, trasládanse a outra das grandes cidades galegas, Vigo, o vindeiro venres, para celebrar a súa 44ª edición. Esta xuntanza de emprendedores “coa cabeza nas nubes” botará a andar o venres a partir das 15:00 horas no Club Financeiro de Vigo e para participar, como vén a ser habitual, é preciso realizar a correspondente inscrición vía web, pagando 21 euros para sufragar o xantar que centra esta actividade que busca cohesionar e dinamizar o sector tecnolóxico galego.
A LaconNetwork xuntará a emprendedores tecnolóxicos o vindeiro venres en Vigo
Compartir Este Artigo

