Antes da popularización de Apple como un fabricante de produtos de electrónica de consumo, cando a súa principal marca era o Mac, os seus usuarios agrupábanse para compartir coñecementos sobre esta plataforma informática minoritaria, de aí que en moitas localidades se formasen Grupos de Usuarios de Mac (GUM), dos que temos un en Galicia que reactivouse o pasado mes de xaneiro, e que, para a súa dinamización, conta xa cun programa de seminarios mensuais que terán lugar nas instalacións de PREMIR na súa Pintor Juan Luis, nº 1 de Santiago de Compostela.

Tamén está programado un relatorio sobre produtividade persoal en iOS e outro sobre iLife 2013 (no que detallarán trucos e rutinas) quedando por concretar o calendario destes encontros tras o adiamento da xornada prevista para o vindeiro sábado (cancelada por indisposición do seu relator).
Os interesados en acudir a estes encontros poden contactar por correo electrónico coa súa organización para poder confirmar as súas prazas, posto que o aforo é limitado.
O GUMGalicia retoma as súas actividades
Compartir Este Artigo

