
Compartiu coa publicación norteamericana que creou Flappy Bird só como diversión, buscando facer un xogo que puidese empregarse comodamente en mobilidade, empregando só un dedo como sistema de control, filosofía que tamén compartirían os seus dous seguintes xogos (Shuriken Block e Super Ball Juggling), de xeito que está a especializarse en títulos de balde (con publicidade), cunha estética retro e cunha mecánica de xogo algo masoquista froito de combinar simplicidade cunha grande dificultade para conseguir boas puntuación. Pero o éxito acadado por Flappy Bird foi algo totalmente imprevisto, que provocou moita presión na vida de Nguyen, chegando a provocarlle certo rexeitamento cara a súa criatura, que chegou a renderlle máis de 50.000 dólares ao día en publicidade, e que incluso tras a retirada das tendas de descargas continuou instalado en moitos terminais, de xeito que segue a xerar milleiros de dólares, o que permitiulle deixar o seu traballo e levalo a pensar en mercar un coche e un apartamento.
Parece que finalmente as cousas non resultaron tan mal como o desenvolvedor pensaba, e o éxito de Flappy Bird permítelle agora ter tempo para facer xogos, estando actualmente a traballar en tres títulos (un shooter con temática cowboy, un xogo de voo vertical chamado Kitty Jetpack e un xogo de xadrez de acción, Checkonaut) dos que espera lanzar cando menos un este mesmo mes. Nguyen tamén asegurou que, aínda que non pode volver xa á súa vida anterior, xa está recuperado polo trauma que lle causou Flappy Bird, polo que está a considerar a posibilidade de volver publicalo nas tendas de aplicacións.
Flappy Bird podería volver ás tendas de aplicacións
Compartir Este Artigo
