Etermax, empresa creadora de Apalabrados, en colaboración co F.C. Barcelona estrea un xogo de preguntas e respostas para que os seareiros do Barça poidan competir cos seus amigos para ver quen ten máis coñecementos sobre o popular club futbolístico. FC Barcelona Trivia Fans é un xogo de preguntas e respostas asíncrono, multi-xogador e social, con 6 categorías diferentes (Xogadores, Adestradores, Historia, Partidos, Trofeos e Curiosidades) que para gañar haberá que conseguir os personaxes correspondentes a cada unha das categorías na liña do que xa vimos en Preguntados.
Os xogadores tamén poderán empregar certas estratexias para conseguir a vitoria, pois terán a posibilidade de retar aos seus opoñentes a duelos e incluso empregar power-ups para axudar a conseguir acertar as preguntas máis complicadas.
O novo xogo de Etermax xa está dispoñible para a súa descarga de balde para iOS e para Android.
Novo xogo de preguntas sobre o Barça para iOS e Android
Compartir Este Artigo
