Tras superar a barreira das 50 edicións, a LaconNetwork prepárase para as súas entregas máis estivais, optando pola costa para facer máis refrescantes os encontros gastronómicos de profesionais e emprendedores do sector tecnolóxico galego, de xeito que o vindeiro día 27 daranse cita ás 13:40 horas en Bueu, vila dende a que partirán en barco á Illa de Ons, onde se desenvolverá a xornada nun contorno natural inigualable, estando previsto o retorno ás 19:30 horas.
Aparte da habitual sesións de networking onde os profesionais TIC poderán relacionarse serviranse vermú, petiscos variados, polbo con arroz, bebidas, café e sobremesas, de aí que os interesados en acudir a este evento teñan que aboar anticipadamente 30 euros ao realizar a súa inscrición.
Os interesados en acudir, pero que teñan problemas co horario de saída, tamén terá dispoñibles un par de barcos máis, ás 11:00 e ás 16:00 horas, que é o horario regular da liña ferry que une a illa de Ons coa terra.
A LaconNetwork recibirá o comezo do verán na Illa de Ons
Compartir Este Artigo

