Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo Centro Gaiás estrea aplicación para dispositivos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

O Museo Centro Gaiás estrea aplicación para dispositivos móbiles

Redacción
Publicado: 31/07/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

app_museo_centro_gaias_01.jpgEsta semana presentouse unha nova aplicación móbil coa que se pretende facilitar e enriquecer a visita do público ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Con esta aplicación móbil desenvolvida coa tecnoloxía ASPIE da empresa galega Kappowsky búscase proporcionar unha experiencia novidosa aos visitantes a través dos seu teléfonos móbiles ou tablets, xa que esta ferramenta pode descargarse de balde a través de Google Play ou da App Store, para Android e iOS respectivamente.
app_museo_centro_gaias_06.jpgDurante a presentación da aplicación, o conselleiro de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo acompañado por un dos responsables da aplicación, Santiago Berdullas Silva, co fundador de Kappowsky, firma formada por dous emprendedores galegos e que foi finalista con mención especial do xurado no ano 2012 dun dos premios nacionais máis prestixiosos para emprendedores: o Premio Universia. Santiago Berdullas foi o encargado de amosar o funcionamento e as características desta app, fortemente intuitiva, fácil de manexar e apta para todos os públicos.

Contidos
  • Contido adicional
  • Visitas individualizadas e adaptadas
  • Unha nova experiencia en cada visita

Contido adicional

app_museo_centro_gaias_02.jpgGrazas a esta tecnoloxía, os visitantes do Museo Centro Gaiás poderán explorar de forma autónoma e só coa axuda dos seus dispositivos móbiles, o interior do edificio e das obras da exposición do momento. Grazas ao seu motor de xeolocalización, a aplicación móbil determina en que punto está o visitante dentro do edificio, permitíndolle descubrir as diferentes salas ao tempo que recibe información sobre as obras de arte ou os puntos de interese próximos a elas.
app_museo_centro_gaias_03.jpgA través desta aplicación, o visitante pode consultar contido adicional das obras máis importantes en forma de audio, vídeo, imaxes ou vínculos a outras páxinas, enriquecendo a súa visita. O usuario atopará, ademais, información práctica que lle axude no seu percorrido como a ruta que debe seguir para chegar aos aseos, ascensores, á tenda ou á saída de emerxencia máis próxima.

Visitas individualizadas e adaptadas

app_museo_centro_gaias_04.jpgMáis alá do percorrido recomendado, a aplicación presentada hoxe permítelle a cada usuario deseñar a súa propia ruta grazas ao sistema de xeolocalización, que posiciona ao visitante no interior do edificio sen necesidade de sinal GPS, facilitándolle en todo momento a información que precise.
Esta entrada do Museo Centro Gaiás no mundo da tecnoloxía móbil implica unha mellora nas visitas das persoas con discapacidade, ao permitir por exemplo as persoas xordas acceder aos contidos extra propios das visitas con guía. Son moitas as opcións que se abren tamén no eido das visitas didácticas, ao facer posible a definición de rutas específicas en función dos contidos para cada nivel ou eido educativo.

Unha nova experiencia en cada visita

A app do Museo Centro Gaiás non é unha tecnoloxía pechada. O sistema desenvolvido por Kappowsky permite a súa personalización futura, de forma que se reinvente con cada exposición, posibilitando que o visitante goce dunha nova experiencia cada vez que se achegue ao Museo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?