O vindeiro venres ás 14:30 horas o encontro gastronómico que xunto por distintos puntos da xeografía galega a profesionais e emprendedores do sector TIC, a LaconNetwork, desprazarase ata o Hotel Bahía de Vigo para coincidir coa celebración do 7º Congreso Internacional de Jóvenes Empresarios organizado por AJE Vigo, que concretamente ese día contará coa presenza de distintos proxectos tecnolóxicos nas súas mesas redondas como a plataforma Blablacar, a plataforma de vídeo baixo demanda Filmin, a rede de blogs galega Difoosion ou a consultora Altia.
A coincidencia deste ambos eventos pretende contribuír ao networking propio deste tipo de eventos, ao facer coincidir a unha serie de profesionais que dificilmente poden atoparse en persoa durante o seu día a día. Para poder participar no xantar da LaconNetwork é preciso inscribirse e aboar 20 euros, podendo así gozar de chourizo, queixo, xamón, luras, croquetas, empanada, lacón, arroz e distintas tortas de sobremesa.
A LaconNetwork coincidirá esta semana co congreso de AJE Vigo
Compartir Este Artigo

