Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Primux conta cun novo phablet, o Beta2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Primux conta cun novo phablet, o Beta2

Redacción
Publicado: 13/10/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

primux_beta2-2.jpgPrimux Trading -empresa centrada na distribución en electrónica de consumo- presentaba hai uns meses o seu primeiro phablet, para os que o descoñezan falamos dun smartphone de última xeración, e medio camiño entre un smartphone e unha tablet, que foi a primeira incursión da marca galega neste segmento. Arestora, a compañía creada en 2007 vén de amosar (pensando xa no Nadal) ao Beta2, unha phablet tamén de 6 polgadas pero con notables melloras en relación ao seu predecesor, a primeira versión.
O Beta2 está pensado e configurado para as necesidades dun usuario que demanda un smartphone de gran tamaño, gran pantalla e gran autonomía para poder traballar con aplicacións de ofimática, ver vídeos ou gozar cos mellores xogos.
O Beta2 conta cunha pantalla IPS QHD de 6 polgadas (15,24 cm). O seu procesador Quad Core 1,3 XHz e o seu xigabyte de memoria RAM fan que todos os procesos corran con fluidez, xa sexan aplicacións convencionais, de ofimática, vídeo ou son. Todo iso cunha capacidade de almacenaxe interna de 8 XB, ampliables a 32 XB mediante cartón SD.
Cómpre subliñar unha novidade que atinxe a este novo trebello, o Beta2 preséntase co sistema operativo Android 4.4 Kit Kat que consegue optimizar ao máximo os recursos e a arquitectura para achegar unha maior rapidez nos procesos cun menor consumo de batería. Sen esquecer que conta con todas as conexións precisas para estar conectado con todo e con todos en todo intre: 3G; Wi-Fi/n de alta velocidade; Bluetooth 4.0, GPS (funciona de xeito independente, sen consumo de datos) e sistema Dual SIM que dá acubillo a dúas liñas telefónicas. Dúas cámaras fotográficas, sendo a posterior de 8 mpx e de 1,3 mpx a frontal, coa opción de empregarse como webcam. E todo iso alimentado por unha gran batería de 2.300 mAh que lle confire unha extraordinaria autonomía para que o Beta2 sempre estea operativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?