A nova aposta de Rovio para continuar a explotar a franquía de Angry Birds continúa a avanzar, e hoxe estréase a nivel mundial, tras a súa pre-estrea en Finlandia e Nova Zelandia, o agardado Angry Birds Transformers, aplicación universal que podemos descargar de balde da App Store xa que adopta a fórmula do free-to-play, e que supón un importante cambio fronte ao resto de xogos da mesma marca, xa que fusiona aos paxaros anoxados cos robots Transformers nunha aventura con gráficos 3D que vén a ser un shooter no que se herdan elementos propios dos Angry Birds clásicos (para destruír aos Deceptiporcos poderemos destruír as estruturas ao seu redor apuntando aos seus puntos febles).

De todos os xeitos, o cambio de xénero dos Angry Birds non parece estar a ser moi ben recibida, e hai quen considera que esta franquía está en clara decadencia, estando destinada a perder a relevancia como xogos que parecen ser unha mera desculpa para manter a franquía viva de cara á comercialización de produtos de derivados.
Os usuarios de Android deberán agardar ao vindeiro 30 de outubro para poder descargar este novo xogo de Google Play.
Xa podemos descargar Angry Birds Transformers para iOS
Compartir Este Artigo
