Para facilitar un aceso económico ás experiencias de realidade virtual ARCHOS anunciou as súas novas ARCHOS VR Glasses, unhas lentes nas que pode colocarse un smartphone cunha pantalla de ata 6 polgadas con Android, iOS ou Windows Phone co que se comunicarían as lentes a través de Bluetooth, conseguindo crear unha experiencia de visión estereoscópica en 360 graos que poderiamos ver como unhas Oculus Rift low cost, xa que poranse á venda en novembro a un prezo que partirá dos 29,99 euros.
Esta solución é compatible con máis dun cento de aplicacións de realidade virtual, e entre as súas grandes vantaxes está o feito de que poden servir para reproducir vídeos en 3D cun método moi sinxelo: divide a pantalla do móbil en 2 partes, amosando en cada unha a imaxe que iría dirixida a cada ollo, para conseguir a ilusión de profundidade como fan as salas de cine 3D. Para que esta experiencia sexa satisfactoria recoméndase empregar as ARCHOS VR Glasses cun smartphone con pantalla Full HD de 5 polgadas que conte cun potente procesador e sensores de movemento (como un acelerómetro e un xiroscopio), principios moi semellantes ao Samsung Gear VR, que terá un prezo de 199 dólares, de aí que a solución de ARCHOS resulte bastante atractiva (aínda que non sexa compatible co software de Oculus).
ARCHOS anuncia un accesorio que converte smartphones en lentes de realidade virtual
Compartir Este Artigo

