Os encontros para desenvolvedores de web e de aplicacións móbiles Betabeers continúa a súa xira galega, e o vindeiro 13 de novembro volverá ao sur, e xuntará ata a 30 profesionais no Club Financeiro de Vigo para asistir a un obradoiro sobre a plataforma aberta de aplicacións distribuídas para os desenvolvedores e administradores Docker, sobre a que ilustrará aos presentes Eloy Coto Pereiro.
Esta edición número 15 de Betabeers Galicia tamén servirá para que Álex Hermida presente o seu proxecto Parkapp, que é un servizo global de aparcadoiro que resulta de grande utilidade para os usuarios viaxeiros que queiran deixar o seu vehículo en aparcadoiros de cidade, aeroporto ou estación, podendo reservar e acceder ao aparcadoiro co teléfono móbil (se o parking permite tal).
Antes da cita da semana que vén confirmarase tamén a presentación dun segundo proxecto que completará esta edición dun encontro que desenvolverá a súa parte máis formal entre as 19:15 e as 21:00 horas, para continuar cunha sesión de networking entre os asistentes, que deberán reservar a súa praza con antelación ante as limitacións de aforo establecidas.
Betabeers celebrará o seu 15º encontro galego en Vigo
Compartir Este Artigo

