
Tras a elaboración das aplicacións, que puideron probarse en reloxos con Android Wear, había que expor os proxectos, para contribuír á elección das mellores propostas, que son un bo anticipo do moito que poderá crearse con esta tecnoloxía no futuro, pois cómpre recoñecer que estamos ante unha plataforma con moito potencial, do que aínda non se coñecen as killer applications, polo que hai que confiar en que os desenvolvedores sexan os que saiban descubrir os vieiros que animen aos usuarios a vestir tecnoloxía conectada á Rede.
Baixo o mesmo formato desenvolverase outra hackathon mañá mesmo na Sala de Xuntas da Facultade de Telecomunicación da Universidade de Vigo, que espera agardar un nivel de participación semellante, e que serve para amosar tanto o nivel para o desenvolvemento de software que hai en Galicia como para dar conta das posibilidades que xa teñen tecnoloxías tan inmaturas como Android Wear.
Android Wear amosa o seu potencial en maratóns de programación
Compartir Este Artigo

