Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lanzada unha aplicación galega para axudarnos a acadar un posto de traballo: Appladin
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Lanzada unha aplicación galega para axudarnos a acadar un posto de traballo: Appladin

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

appladin.jpgEstes días soubemos da posta en marcha dun novo servizo galego encamiñado a botarlles unha man aos internautas que estean á procura dun posto de traballo. Trátase da aplicación Appladin e segundo nos conta Alberto Rodríguez, un dos seus responsables directos, exemplifica á perfección un xeito de facer innovación empresarial (cos conseguintes e lóxicos beneficios) ao tempo que se fornece un recurso de claro interese social. En definitiva, estamos ante unha ferramenta filla do seu tempo, do tempo da crise e dos cinco millóns de cidadáns nas fileiras do paro, que quere responder polo miúdo ao problema do desemprego. “O obxectivo é dobre”, sinala Alberto, “e pasa por contribuír a que nos afagamos aos novos xeitos de atopar traballo, xa que as formas mudaron claramente, e tamén pasa por converter a tarefa de buscar un posto laboral en algo que se poida facer en calquera intre e lugar”.
Ou sexa, que unha das grandes vantaxes/particularidades de Applandin.net é que pon a disposición dos internautas demandantes un servizo profesional dispoñible ao momento, inmediato e básico. “Con esta ferramenta”, aclaran os seus desenvolvedores, “adaptamos as novas tecnoloxías ás necesidades actuais máis importantes dos cidadáns”.
appladin_bg1.jpgAppladin, en palabras dos seus creadores “a primeira aplicación de emprego do sector servizos”, achégase con descarga e rexistro de balde. Unha das súas principais características, a maiores do devandito, é a marxe de manobra que pon a disposición do usuario. Así, con esta aplicación é o propio demandante ou ofertante quen ten o control da xestión do servizo ou os servizos. Ademais, pon en contacto directamente a ofertante e demandante, “adaptando así ao mellor profesional para cada servizo ou traballo”.
O seu funcionamento, sinala Alberto, “é rápido e sinxelo”. Pódese descargar en calquera teléfono móbil desde Apple Store ou Google Play. Dispón de valoración e opción denuncia para mellorar a calidade do servizo así como para premiar aos máis salientables profesionais de cada área. Desta maneira, un usuario poderá ter referencias de calquera profesional antes de contratar o seu servizo.
“Grazas a esta aplicación”, explican os creadores da mesma, “quérese contribuír á inserción laboral de maneira directa, sendo unha verdadeira lanzadeira de emprego para atoparmos traballo amais dunha segunda fonte de ingresos”.
Arestora, Appladin xa foi quen de xuntar a máis de 20.000 usuarios ofrecendo os seus servizos en todo o territorio estatal. A ferramenta, que foi lanzada hai un mes, ten ademais vocación de traspasar fronteiras. De feito, os seus desenvolvedores informan que xa están a traballar “no seu afianzamento a nivel internacional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?