Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A compañía española Airis amplía a súa gama de tabletas WinPAD
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

A compañía española Airis amplía a súa gama de tabletas WinPAD

Redacción
Publicado: 22/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

AIRIS_WinPAD_100W_1_.jpgO fabricante español Airis vén de anunciar a incorporación ao seu catálogo de dous novos modelos de tabletas. Por unha banda o modelo Airis WinPAD 70W e, pola outra, o WinPAD 100W. Por certo que os dous aparellos comparten múltiples cousas, alén do epígrafe que as acompaña: “Tabletas con alma de computador”. Para comezar, integran procesadores Intel de catro núcleos e inclúen de serie o sistema operativo Windows 8.1, amais de subscrición gratuíta de un ano duración para o paquete ofimático Office 365. “O resultado”, sinala Airis, “é meirandes versatilidade e rendemento”.
No que se refire ao WinPAD 70W, dicir que é o máis “pequeno da gama”, tal e como amosan o seu peso e tamaño (9.5 mm e 290 gramos). Porén, a súa pantalla IPS de 7 polgadas amosa unha resolución de 1024×600 e 16 Gbyte de almacenamento “para render coa mesma potencia que un computador”, sinala Airis, que engade que “a posibilidade de usar accesorios e periféricos mediante as súas conexións Wi-Fi, USB e Bluetooth asegura unha experiencia Windows completa”.
No que atinxe ao WinPAD 100W, sinalar que pode traballar como tableta ou como portátil convencional, “todo grazas ao seu teclado extraible que fai o seu uso máis cómodo en función da situación na que nos atopemos”. Conta con 2 Gbyte de memoria, 32 Gbyte de almacenamento e unha pantalla de 10.1 polgadas, IPS, con resolución de 1280×800 para unha “visualización nítida desde calquera ángulo”. Estamos pois perante o modelo de maior tamaño e prestacións dos existentes no catálogo de Airis, ademais de ser o único con detalles de conectividade ampliada e cun maior número de portos USB (3) e saída de vídeo mini HDMI. O prezo de venda ao público recomendado para as tabletas AIRIS WinPAD comeza nos 149,90 euros, variando en función do modelo e accesorios elixidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?