A pasada noite sorprendeunos o lanzamento dun novo Humble Bundle semanal de xogos Made In Spain, de xeito que esta iniciativa solidaria para recadar fondos para organizacións benéficas (nesta ocasión Charity Water e Save the Children) recolle desta volta ata 7 videoxogos españois que recibiremos en formato descargable en función da cantidade económica que queiramos aportar (a partir de 10 dólares poderemos conseguir o lote completo).

Os usuarios que paguen máis da media poderán facerse tamén con Full Mojo Rampage e o reputado Deadlight de Tequila Works. E para completar o lote, quen achegue a partires de 10 dólares tamén poderá descargar Pixel Piracy e UnEpic, de xeito que por só 10 dólares podemos conseguir uns xogos de sobrada calidade valorados en 73,93 dólares, á vez que descubrimos auténticos títulos de referencia do desenvolvemento independente español.
Trailer do Humble Bundle semanal Made In Spain
A iniciativa Humble Bundle ten a súa primeira participación galega
Compartir Este Artigo
