Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rollei presenta dous modelos de cámaras con Wi-Fi axeitadas para os aventureiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Rollei presenta dous modelos de cámaras con Wi-Fi axeitadas para os aventureiros

Redacción
Publicado: 24/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rollei_videocamara.jpgA compañía xermana Rollei, centrada na fabricación de produtos fotográficos, vén de lanzar un par de cámaras á medida dos aventureiros. Trátase dos modelos Actioncam 400 e Actioncam 410, que entre outras cousas contan con Wi-Fi integrado e inclúen, a maiores, unha ampla gama de accesorios para “satisfacer aos seareiros dos deportes extremos”. Tanto as incorporacións en conectividade coma os restantes elementos (por exemplo a alta resolución de gravación) das cámaras diríxense a permitir ao máximo a recreación de acontecementos ou fazañas deportivas, amais de darlle azos a quen amais de ser afeccionado/a ás aventuras, sexa afeccionado a compartir.
As cámaras, sinala a compañía, están “totalmente equipadas para a realización de calquera actividade extrema grazas aos seus numerosos accesorios, entre os que cabe destacar o seu versátil carcasa resistente á auga e o soporte para cascos e bicicletas”. Os dous novos membros da familia ofrecen unha resolución de gravación Full HD de 1080p e conectividade WiFi con alcance de ata 15 metros. Tamén acubillan un mando a distancia sen fíos, con ancoraxe ao pulso, que facilita un acceso rápido e seguro ás funcións de vídeo start/stop e o mecanismo de disparo e apagado para o control remoto das fotografías, cun alcance máximo de 15 metros.
A Actioncam 400 é unha videocámara de acción con Wi-Fi integrado e resolución de vídeo Full HD (1080p/30fps). Inclúe Wi-Fi integrado cun alcance de ata 15 metros, batería de ións de litio recargable e carcasa protectora resistente á auga, mergullable ata 40 metros de profundidade e un mando a distancia sen fíos que se carga con pulseira.
A Actioncam 410 é unha videocámara de acción de 4 megapíxeles con resolución de vídeo Full HD (1080p/60fps). Inclúe Wi-Fi integrado cun alcance de ata 15 metros, batería de ións de litio recargable e carcasa protectora resistente á auga, mergullable ata 40 metros de profundidade e o mesmo mando a distancia ca no anterior modelo.
As dúas novas cámaras presentadas por Rollei, Actioncam 400 e 410, teñen un prezo recomendado de 99,99 euros e 149,99 euros respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?