
Na categoría de aplicacións móbiles do ano poucos son os produtos que poidan resultar de interese no noso territorio, de xeito que as que poderiamos salientar serían Asphalt 8: Airborne como mellor xogo móbil do ano e a IFTTT como mellor aplicación móbil en xeral (esta ferramenta permite automatizar tarefas mediante regras de xeito que, por exemplo, ao publicar unha fotografía en Instagram a aplicación compartiraa en Twitter ou ao detectarse que estamos preto do fogar poderán acenderse automaticamente as luces ou o sistema de aire acondicionado).
A outra categoría que podería ser de interese para o público xeral é a de mellores dispositivos móbiles, que na categoría de mellor smartphone saldouse cun empate entre o iPhone 6 de Apple e o LG G3, aínda que cómpre matizar que tamén hai un premio para smartphones de baixo custo, que este ano foi a parar claramente ao Moto E.

A categoría de dispositivos móbiles era moi discreta nestes premios ata o ano 2012, que foi o primeiro no que superou os 2 galardóns, e nas últimas edicións parecen adaptarse bastante ben á realidade do mercado, con compañías como Samsung, LG, Nokia, HTC e Apple loitando duramente polos premios. Cómpre destacar o feito de que este ano desapareceu o premio ao mellor teléfono móbil básico, gama de produto que, aínda que continúa a comercializarse, xa non resulta de interese comercial máis aló de mantelos en catálogo para mercados emerxentes e usuarios de baixo perfil tecnolóxico.
O iPhone 6 e o LG G3 elixidos mellores móbiles do ano en Barcelona
Compartir Este Artigo
