
Con estas nubes de punto, sinala o investigador, pódese reproducir logo, de xeito virtual, a feitura xeométrica do devandito obxecto. “Esta posibilidade permite asemade a obtención de modelos de alta precisión e acabado fotorrealista”, engade Santiago Martínez, que contou para os seus traballos co apoio e dirección dos profesores Mari Luz Gil Docampo e Juan Ortiz Sanz. A súa tese amósase baixo o seguinte epígrafe: Avaliación en campo dunha técnica fotogramétrica de rango próximo e baixo custe baseada na correlación automática de imaxes.
O traballo artéllase en base a catro artigos científicos xa publicados en revistas do ámbito internacional. Na tese exponse o “enorme potencial”da técnica fotogramétrica de rango próximo na documentación xeométrica do patrimonio cultural, tanto no caso de bens sinxelos, como de petroglifos ou mesmo de elementos patrimoniais de gran tamaño. “A partir do modelado 3D”, informa a Universidade de Santiago, “a investigación propón e elaboración dunha gran variedade de produtos derivados, cuxo obxectivo é o de garantir a capacidade de relación con outras disciplinas, de xeito que poidan ser estudados por profesionais de diferentes eidos de traballo que non necesariamente deberían ter coñecementos de fotogrametría”.
O catedrático da Universidade Politécnica de Madrid Ignacio Cañas Guerrero presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Santiago Martínez, un comité do que tamén formou parte o profesor titular da USC David Miranda Barros en calidade de secretario. Rogelio de la Vega Panizo, profesor titular da Universidade Politécnica de Madrid, e Francisco Manzano Agugliaro, da Universidade de Almería, completaron un tribunal que outorgou a máxima cualificación académica de sobresaínte cum laude á investigación desenvolvida por Santiago Martínez Rodríguez.
Un investigador da USC achega unha tecnoloxía accesible para facermos modelos 3D do noso patrimonio
Compartir Este Artigo
