Nos últimos meses Facebook fomentou o uso da súa plataforma de correo instantáneo segregando das súas aplicacións móbiles tal funcionalidade, de xeito que Messenger xa é unha aplicación de seu para iOS, Android e Windows Phone, e agora quererían levar este iniciativa máis aló permitindo que poidamos chatear tamén vía web dende Messenger.com, o que permitiría gozar dunha interface de usuario máis centrada nas conversas, sen o resto de distraccións que achega Facebook.
Isto non suporá que o Messenger de Facebook desapareza da súa páxina web, senón que só sería un xeito complementario de chatear, que podería potenciar o uso de funcionalidades da versión móbil de Messenger (como os pagamentos) dende o ordenador.
Polo momento Messenger.com só está dispoñible para usuarios de fala inglesa, e nas vindeiras semanas irase espallando ao resto de usuarios de todo o mundo.
O Messenger de Facebook estará dispoñible nunha nova páxina web
Compartir Este Artigo
