As novidades que achegará Windows 10 non xirarán só ao redor do sistema operativo de Microsoft, senón tamén dos servizos asociados, e un dos que terá un importante cambio é a súa tenda, xa que a Windows Store non se limitará a vender aplicacións, senón que tamén incluirá xogos, música, películas e series de televisión, centralizando así a venda de contidos nun único establecemento virtual, en vez de repartilo en varias aplicacións como acontece actualmente.
Neste momento os usuarios da versión preliminar de Windows 10 xa pode probar a nova tenda unificada, que está comezando a amosar contidos de películas e series de televisión, permitindo así que os usuarios poidan comezar a probar esta plataforma de comercio electrónico, que neste momento permite xa acceder ao material audiovisual previamente adquirido en Xbox Video.
Polo momento a sección audiovisual da tenda só permite ver os contidos en liña, e en breve contará tamén coa opción de descargar os elementos mercados para poder reproducilos cando non teñamos acceso á Rede.
Os países nos que a sección de cine e televisión da tenda unificada está xa a operar en probas son EE.UU., Canadá, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Países Baixos, Noruega, Suecia, Suíza, Reino Unido, Australia, Xapón, Nova Zelandia e España.
Xa pode probarse a tenda unificada de Windows 10
Compartir Este Artigo
