Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hama lanza nova estación multicarga “funcional e versátil”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Hama lanza nova estación multicarga “funcional e versátil”

Redacción
Publicado: 22/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hama_powerhouse2.jpgO fabricante xermano Hama, especializado en accesorios para produtos tecnolóxicos, presentou estes días días a súa nova estación multicarga Powerhouse, un aparello onde se funden “funcionalidade, versatilidade e aforro”, en palabras da compañía, que tamén salienta outro cuarto factor de cara á comodidade do cliente: o factor de poderse despreocupar da obriga de cargar a súa tableta ou teléfono intelixente.
Segundo engade a compañía, a estación é perfecta “para todos aqueles consumidores que por traballo ou por asuntos persoais están na obriga de empregar de continuo varios dispositivos para mantérense conectados, cos problemas de autonomía que isto pode implicar”. O accesorio de Hama posibilita conectar de maneira simultánea ata catro aparellos e mantelos cargados “en calquera lugar e intre”.
A nova estación inclúe ademais unha función (Auto-detect) que fai que o circuíto integrado recoñeza os dispositivos, “optimizando desta maneira o proceso de carga dunha maneira personalizada para cada un dos produtos conectados”. Ademais, incorpora unha protección externa de silicona que incrementa, en palabras do fabricante, “a protección dos trebellos cando estes estean conectados”. Á vez, o sistema organizador de cables da zona inferior axudará “a evitar os típicos nós e fará máis cómoda a súa utilización”, engádese.
A estación dispón dunha potencia de 4,8 A e é universal para as distintas correntes eléctricas de todos os países, cun rango de 100 a 240 V. Incorpora cable de corrente, dous cables USB e catro organizadores de cable. O dispositivo xa está dispoñible a un prezo recomendado de venda ao público de 54,99 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?