Nos últimos anos o fabricante español Bq conseguiu que os seus lectores de libros electrónicos se convertesen en todo un referente no nos territorio, o que os levou a atreverse a entrar no mercado dos smartphones e as tabletas con Android ata o punto de ser a compañía que máis terminais libres vende en España, colocando o seu Aquaris E5 en cabeza a nivel estatal. No mercado dos eReaders e as tabletas tamén conseguiu quedar nun digno segundo posto, só detrás de Samsung,
Esta boa posición comercial conseguiuna en boa medida grazas á venda dos seus produtos a través de Fnac e Media Markt, así como de establecementos pequenos e tendas en liña, e para continuar na súa senda de crecemento decidiu chegar a acordos de distribución con El Corte Inglés e Carrefour, chegando así a zonas nas que non tiña presenza, o que claramente beneficiará ao coñecemento da súa marca e dos seus produtos, que cada vez gozan dunha maior demanda.
A comercialización dos produtos de Bq nos mencionados centros comerciais iniciaríase entes do verán, pero non só están a traballar na ampliación da súa presenza no territorio español, senón que actualmente tamén están a vender os seus produtos en Portugal, Francia e Alemaña, e preparan a incorporación dalgún país europeo máis antes do remate do ano.
El Corte Inglés e Carrefour venderán produtos de Bq
Compartir Este Artigo
