
Ao falar da “derradeira versión de Windows” poderiamos interpretar que Microsoft abandonaría o produto, pero realmente estariamos ante algo diferente: a transformación de Windows en servizo. Deste xeito non teriamos un novo Windows cada poucos anos, senón que o sistema operativo de Microsoft estaría a recibir melloras constantemente, de xeito que non está previsto o lanzamento de grandes versións no futuro, o que podería facer que deixaramos de falar de Windows 7, Windows 8 ou Windows 10, para falar unicamente de Windows, como un sistema que, ademais, tamén chegaría a múltiple dispositivos.

Dende Microsoft non desmenten as declaracións de Nixon, rexeitando a realizar declaracións sobre a súa estratexia de marca a longo prazo, pero confirmando a súa confianza en Windows 10 como un produto que se manterá actualizado en numerosos dispositivos, polo que poderiamos dicir que polo momento con Windows 10 teriamos o remate da actualización periódica da marca Windows, aínda que iso non significa que no futuro non poidan dar un cambio de temón no futuro.
Windows 10 podería ser a “derradeira versión de Windows”
Compartir Este Artigo
