Entre os días 22 e 24 de maio o recinto de EXPOCoruña vai converterse no escenario para a sexta edición de ExpOtaku, un encontro que se desenvolve sobre tres eixes: o anime, o cosplay e os videoxogos. E precisamente o seu apartado do lecer electrónico é dos máis potenciados nesta edición, o que vese claramente na Zona de Ocio Galicia na que teremos Zona Indie Galicia (con estudios de videoxogos galegos como AxouxereGames), Legion Gamer e Carlos Campoy Full Band, que organizan 10 torneos ao longo dos tres días, 5 sorteos, obradoiros de videoxogos, un concerto de música, freeplay e torneos de videoxgos independentes e freeplay de videoxogos. Repartirán premios valorados en máis de 5.000 euros, o que é un magnífico incentivo para participar nas súas divertidas actividades.
Durante toda a feira estarán dispoñibles consolas de videoxogos PS2, PS3, PS4, Wii, Wii U, Xbox 360 e Xbox One nas que poder botar partidas libremente; non faltará unha zona retro con consolas como a GameCube, a NES, a Nintendo 64, a Dreamcast, a Megadrive e a Super Nintendo; e os xogos independentes aos que poderá botarse unha partida durante o evento serán o Trap Ball para Xbox 360, Colours para Android e ChanChan para Android.
Nintendo tamén achegará as súas consolas portátiles a ExpOtaku coa seu New Reto 3DS, de xeito que poderase xogar durante todo o día coas consolas New Nintendo 3DS e New Nintendo 3DS XL e participar nos torneos para os que xa está aberta a inscrición (e aínda quedan prazas dispoñibles).
O resto de actividades sobre videoxogos programadas estarían repartidas do seguinte xeito:
– Venres, 22 de maio:
11:00 – Obradorio de iniciación ao videoxogo Tekken Tag Tournament 2 (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
12:00 – Torneo de Street Fighter x Tekken (Xbox 360)
13:00 – Trivial de League of Legends no Escenario
14:00 – Torneo de Mario Kart (N3DS)
15:00 – Torneo de Burn Out 2 (PS2)
16:00 – Torneo de Blazblue Chrono Phantasma – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
16:00 – Torneo de Touhou 9 (PC) (Northern Hype Keepers)
17:00 – Torneo de Guitar Hero Metallica (PS2)
18:00 – Torneo de Guilty Gear – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
19:00 – Torneo de King of Fighters XIII – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia); Trivial de consolas (dende 8 bits ata última xeración) no Escenario
– Sábado, 23 de maio:
11:00 – Obradoiro de iniciación ao videoxogo Ultra Street Fighter IV (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo de League of Legends 5v5 (LolCon) na zona LOL
12:00 – Torneo de Dragon Ball Xenoverse (PS4); Reto Baseball Smash (Wii U) 1ª parte (Asociación Freak!)
13:00 – Gran concurso Pokemon ROZA (N3DS)
14:00 – Torneo de FIFA 2015 – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
15:00 – Reto Baseball Smash (Wii U) 2ª parte (Asociación Freak!)
16:00 – Torneo de Just Dance 2015 – Amateur (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo de Touhou 14.5 (PC) (Northern Hype Keepers)
17:00 – Torneo de Halo Reach (Xbox 360); Torneo de Pokemon X/Y monotype (N3DS)
19:00 – Torneo de Guitar Hero World Tour – Amateur (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia)
– Domingo, 24 de maio:
10:00 – Freeplay e consellos de Tekken Tag Tournament 2 e Ultra Street Fighter IV (PS3 y Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo eliminatorio de Osu! (PC) (stand de asociación Freak!)
11:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
12:00 – Torneo de Final Fantasy Dissidia 012 (PSP)
13:00 – Torneo de Ultra Street Fighter IV – Amateur (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia)
14:00 – Torneo de Super Smash Bros (Wii U)
15:00 – Torneo de Pokemon limitado (N3DS)
16:00 – Torneo de Ultra Street Fighter IV – Profesional (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo de Crypt of the Necrodancer (PC) (Northern Hype Keepers)
17:00 – Torneo de World Rally Championship 2 (PS2)
18:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 – Profesional (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
19:00 – Trivial de Nintendo no Escenario
Máis contidos tecnolóxicos
Cómpre destacar que, para os amantes da tecnoloxía, aparte das actividades ao redor do mundo do videoxogo, tamén estará dispoñible unha Zona de Robótica na que organizarán un concurso de orientación de robots a través dun labirinto, amosarán impresoras 3D e impartirán un obradoiro de robótica con LEGO Mindstorm.
Para pór a puntilla tecnolóxica a ExpOtaku, tamén estarán presentes na feira os youtubers Zorman e Tiparraco, que asisten como convidados e impartirán unha charla o sábado ás 15:00 horas.
